jueves, 10 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Aquí deixamos algunhas mensaxes para algunhas mulleres moi importantes para a vida dos nenos e nenas de 3º de Educación Primaria 🦸 







jueves, 17 de febrero de 2022

SAÍDA A SALA ÁRTIKA

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria do cole visitaron a sala Ártica para disfrutar dunha comedia musical súper divertida. O pasaron de maravilla 🎭 




viernes, 9 de abril de 2021

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

Os alumnos e alumnas de Educación Primaria tamén anímanse co proxecto que levamos a cabo no centro de “Recreos Residuos Cero”. E unha maravilla como de maneira tan sinxela podemos axudar o medio ambiente. ♻️ 💦 



jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

LER é fundamental para o desenvolvemento emocional e intelectual das persoas. Un neno ou unha nena que le habitualmente ten medio camiño percorrido na escola pero tamén na súa vida. 

Dende o Colexio Santa Cristina queremos facer un chamamento ás familias para que vos impliquedes nesta aventura que é a de fomentar a paixón pola lectura nos vosos fillos e fillas.
 
Hai moitas razóns que xustificarían que eles lean, pero aquí van as máis importantes:
 
1. Aumenta a axilidade mental.
2. Mellora a concentración.
3. Exercita o seu cerebro.
4. Aprenden do mundo que os rodea.
5. Reduce o nivel de estrés. Aporta tranquilidade. Relaxa o corpo e a mente.
6. Desenvolve as súas habilidades lingüísticas, vocabulario e de comprensión dos textos.
7. Desenvolve a empatía, a capacidade de poñerse no lugar do outro/a.
8. Desenvolve a imaxinación e proporciona entretemento.
9. Activa o sistema visual.
10. Mellora o seu rendemento escolar.

Agora vos presento o conto "Lágrimas bajo la cama" 
Espero que vos guste e disfrutedes, está feito con moito cariño..... 
 
A profe Paula
 



martes, 21 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO "COCO Y LA LUNA"

É o turno da mestra de Inglés de Primaria, Belén.
 
COCO Y LA LUNA
 
DISFRUTÁDEO MOOOOITO!!!!!


lunes, 20 de abril de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Os mestres e as mestras quremos celebrar a semana do libro léndovos cada día un libro. Comeza Maytane, a mestra de lingua castelá e inglés da ESO.

  ¡VOY A COMEDTE!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!




martes, 31 de marzo de 2020

ÁNIMO OS INGRESADOS POLO COVID-19

Dende o centro temos a necesidade de animar dentro do posible nesta situación excepcional a toda persoa que polo motivo do Covid-19 este ingresada nos hospitais de Vigo. 
 
Por elo todo o que queira aportar seu graniño de area so ten que mandar o correo sociaissantacristina@gmail.com cartas de ánimo e apoio e incluso debuxos ( a maneira de facelo ten que ser por medio dun arquivo de texto e o debuxo feito a ordenador ou debuxado e escaneado) .  
 
Todas  as vosas  cartas enviaranse a dirección habilitada pola dirección da área sanitaria de Vigo. Todo apoio e unha bocanada de esperanza para os mais afectados.


UNHA APERTA FAMILIAS